CxL denuncia o peche do Lalín Arena ao mediodía e que non se cubren as horas con monitores

CxL considera "de especial gravidade que a día de hoxe a moitos usuarios non se lles reembolsasen os cartos polos meses nos que estivo pechado o Arena pola covid".
Redacción
octubre 12, 2021

Compromiso por Lalín denuncia que no Lalín Arena “non se cubren as horas con monitores por mor dunha baixa de longa duración que non se está a substituir coa bolsa de traballo”. E iso, din dende CxL, malia ao “bo desempeño dos monitores actuais”.

Ademais, Compromiso indica que lle chegan “queixas polo peche do mediodía, horario que aproveitaba moita xente despois do traballo”.

Dende CxL consideran “de especial gravidade que a día de hoxe a moitos usuarios non se lles reembolsasen os cartos polos meses nos que estivo pechado o Arena pola covid nin, evidentemente, os 15 días de agosto pechados para un cambio de máquinas que durou día e medio”.

Finalmente Compromiso denuncia a carencia de “promocións de actividades para recuperar aos socios que a instalación perdeu este case ano e medio, sobre todo na terceira idade, onde o baixón é moi evidente”.

Novas relacionadas