CxL apunta a “responsabilidades políticas” de Crespo no caso do exasesor

Aconséllale "que diga a verdade e se desculpe".
Redacción
octubre 16, 2021

Compromiso por Lalín advirte que non calará “ante o silencio do goberno de Crespo no caso do exasesor do Concello, que presuntamente segue a utilizar medios públicos e facendo funcións de dirección coas brigadas de obras, a pesar de cesar na súa condición no pasado mes de xuño, como confirmou o secretario do Concello á nosa formación hai escasos días”.

CxL aconséllale a Crespo “que diga a verdade e se desculpe, xa que poderían existir evidencias -incluso gráficas- de esta situación, da que so el pode ter responsabilidades políticas, ao ter sido un cargo de libre designación da Alcaldía, así como ser o mesmo rexedor o que ratificou o cese”.

“Estamos”, din dende CxL, “ante un episodio con consecuencias politicamente devastadoras para o PP se non ten a humildade de recoñecer os feitos”. Sinalan tamén que “incluso podería ter graves consecuencias persoais para o ex asesor – cuestión que non desexamos, xa que respectamos a traxectoria da persoa- se estivese presuntamente cobrando algún tipo de prestación de paro, mentres exerce de xeito escuro funcións caciquís e clientelares, co ok da Alcaldía”.

Compromiso quere lembrar que “por algúns episodios inmensamente menos relevantes, chegouse a mobilizar a policía xudicial en Lalín a instancia da entón oposición do PP, e suxerímoslles que repasen o Código Penal no artigo 404 e seguintes”.

Do mesmo xeito anuncian o seu apoio á iniciativa do BNG de crear unha Comisión de Investigación Municipal, “ante a gravidade dos feitos, que demostran o xeito de entender a política local por parte do Partido Popular”.

Novas relacionadas