CxL afea o “cinismo” do goberno de Crespo: “Esixe medidas contra a sangría eléctrica mentres o Concello ten as luces acendidas toda a noite”

Cre que Crespo "está a a outras cousas mentres a veciñanza ve con estupefacción como se dilapidan cartos públicos ser rubor".
Redacción
marzo 22, 2022

Compromiso por Lalín considera “cinismo extremo e hipocresía intolerable” o que fai o goberno do PP de Lalín esixindo medidas contra a “sangría eléctrica”, mentres os edificios públicos como o Concello permanecen a noite enteira encendidos dende hai meses, “con fortes críticas de veciños e veciñas”. 

CxL cre que Crespo “está a a outras cousas mentres a veciñanza ve con estupefacción como se dilapidan cartos públicos ser rubor”.

“Esiximos a Crespo que se poña do lado da xente”, din, “sabemos que non é un alcalde que lle guste estar pola rúa e escoitar aos veciños, el é màis ben de coche oficial, mais non coñecemos unha soa medida municipal que facilite a difícil situación que están a pasar sectores estratéxicos de Lalín”.

Proseguen afirmando que “cos gandeiros e o campo so para pedirlles o voto, mais cando é para eliminar taxas non. Iso si, reclamar ao Estado medidas se non goberna o PP é moi típico de Crespo, que mentres a Xunta está “forrándose” con máis de 2.000 millóns de impostos de electricidade e hidrocarburos, el cala por servilismo a Feijoo”.

Por iso, Compromiso pide ao pobo de Lalín que “tome boa nota de quen está coa veciñanza que máis o precisa, e quen semella ter outras prioridades na xestión”.

“Esiximos que os edificios públicos e parques queden apagados a partir dunha hora prudencial, ademais da eliminación de taxas ao conxunto da veciñanza, do mesmo xeito que se lle está a pedir ao Estado, e que lonxe de intereses políticos bastardos, se pense nos intereses dos veciños e veciñas de Lalín, e non non intereses partidistas do PP, como fai Crespo Iglesias”, conclúen. 

Novas relacionadas