Compromiso por Lalín acusa ao goberno de Crespo de “burlarse da oposición de xeito consciente e calculado, demostrando prepotencia, e o que é peor, intentanto dificultar a misión de fiscalización do goberno encomendada polo pobo de Lalín”.
Dende a formación denuncian que “despois de agardar mes e medio para acceder ás facturas da luz, ante o evidente escándalo de dispendio do edificio do a Concello, o día que tiñamos acceso, comunícasenos por escrito que non existen ditas facturas”.
“Esta é”, afirman, “unha demostración máis de por que CxL se nega a edulcorar a Crespo e o seu goberno indo a xuntas de voceiros para enganar aos representantes da oposición e blanquear a súa pésima xestión”.
Esta mostra de “escurantismo e burla, so fai de motivación para defender os intereses dos lalinenses, que o goberno de Crespo pretende deixar endebedados en canda menos 8 millóns de euros, como recoñeceu o informe de Intervención para os orzamentos”.
Anuncian que insistirán “pola vía que sexa necesaria para que este “cachondeo” a conta dos representantes dos veciños teña as súas consecuencias”.