CxL acusa a Avelino Souto de “sectarismo, caos organizativo e pésimo ambiente de traballo” no Lalín Arena

Santiago Castro pregunta se hai algunha denuncia de traballadores do Arena contra o Concello e se Avelino Souto asinou documentos poara que algúns empregados fagan tarefas que non lle corresponden, "de xeito cando menos irregular"
Redacción
enero 22, 2022

O responsable da área de Deportes de Compromiso, Santiago Catro, considera “preocupantes as diferentes circunstancias que están acontecendo no “Lalín Arena”, e que están a demostrar no so o caos organizativo do goberno de Lalín, senón o sectarismo do concelleiro responsable, Avelino Souto, e o pésimo ambiente de traballo existente, debido a unha política de persoal e de produtividades que causou unha fonda división entre os traballadores”.

Castro pregunta a Avelino Souto “se lle consta algunha denuncia ao Concello de traballadores do Lalín Arena, e se hai documentos asinados por parte do concelleiro, para que traballadores fagan labouras diferentes das que lle corresponden, de xeito cando menos irregular”.

Tamén pregunta a que é debido que “o pasado día 8 a piscina estivese pechada, e se esta circunstancia foi por falta de socorristas”. “O pasado luns”, segundo fontes do Lalín Arena, que cita CxL, “déronse cursos de natación sen socorrista, porque este estaba facendo presuntamente traballo na recepción por falta do persoal, co conseguinte risco para os usuarios da instalación, ao non ter socorrista, ademais da irregularidade da situación”.

Do mesmo xeito, dende Compromiso “queremos saber quen tomou a decisión de suspender os cursos de natación polo COVID, en base a que criterio sanitario, se non hai ningunha reunión da Comisión do COVID, ou foi por mera arbitariedade de Avelino ou Eva Montoto, en base aos seus coñecementos epidemiolóxicos”.

Remata Castro denunciando “o deterioro das pistas de pádel por ausencia de mantemento, que provoca que usuarios marchen a concellos veciños”.

Novas relacionadas