Cuiña pídelle ao goberno que se poña a traballar para que Lalín non perda a categoría dos 20 mil habitantes

Alerta das consecuencias de baixar desa cifra de poboación.
Redacción
enero 9, 2022

O coordinador de Compromiso por Lalín, Rafael Cuiña, piediulle ao goberno de Crespo que “non perda un segundo máis e se poña a traballar para que Lalín non perda a categoría de 20.000 habitantes”, o cal sería “demoledor” para a economía lalinense, e que di xa leva “advertindo” bastante tempo. 


Cuiña lembra que os datos coñecidos son a 1 de xaneiro de 2021, e que durante este ano, despois de consultar cos técnicos municipais, “a tendencia é claramente descendente”.

“Hai que activar campañas, seguemento da cuestión”, incide, “porque se non imos estar como cando cheguei á alcaldía en 2015, cerca de perder a categoría”.

Di que “conseguimos con moito traballo reverter a situación, mais o goberno de Crespo baixou a garda, e podemos perder moitos ingresos e competencias municipais”.

!É un dos maiores problemas de Lalín sen dúbida, mais moitos están mirando cara outro lado ata que Santa Bárbara trone”, conclúe.

Novas relacionadas