O candidato á Alcaldía por Compromiso por Lalín, Rafael Cuiña, anunciou que a súa formación estará en todos os actos da Feira do Cocido “por respecto institucional, e por considerar que a Feira debe estar por riba de intereses partidistas”.
Cuiña pide aos veciños e veciñas que acudan aos actos, e está seguro “como sempre pasou, que acolleran do mellor xeito posible aos miles de vistantes que teremos”.
Para o líder de Compromiso será “especialmente emotivo” o acto no que se dará o nome do parque do auditorio á cidade de Chascomús, “polos vínculos entre as dúas Vilas, o excelente trato dispensado en Arxentina, e a presencia do Embaixador Alfonsín, fillo do Presidente arxentino co que o pai de Cuiña, Xosé Cuiña, tiña unha forte amizade”.
“A Feira do Cocido únenos como pobo. É un dia para festexar, para estar orgullosos do noso, e para proxectar o noso inmenso potencial ao mundo. Así será tamén a partir de maio goberne quen goberne, e iso é unha demostración de madurez dos políticos locais como representantes da veciñanza”, proclama.