Crespo elimina a taxa de terrazas e o ICIO tras negarse a facelo cando o propuxo a oposición

A proposta de modificación levarase ao Pleno do próximo día 29.
Daniel Santalla
octubre 20, 2021

O goberno municipal anunciou hoxe as modificacións das ordenanzas fiscais para o ano 2022 que inclúen a derogación de taxas como a de terrazas ou o Imposto de Construcións, Instalacións e Obras (ICIO).

O goberno do Partido Popular negárase no Pleno en varias ocasións a bonificar ou a eliminar estes impostos cando a proposta partía dos grupos da oposición. Crespo chegou a argumentar que eliminar estas taxas poñía en compromiso a capacidade económica do Concello.

A proposta de modificación levarase ao Pleno do próximo día 29. Ademais da eliminación do ICIO e da taxa de terrazas, derógase tamén a taxa por ocupación de espazo público con toldos e outros elementos de cubrición.

O Concello de Lalín recadou nos últimos anos unha media duns 27.400 euros entre a taxa de terrazas e a de toldos.

Así mesmo, proponse a derogación de varias ordenanzas por non ter recadación durante os últimos anos. Entre elas, o prezo público polo uso e prestación do circuíto do Monte do Carrio, pola prestación do servizo “Entornos Saúdables”, polo préstamo de bicicletas, polo Espazo Infantil Aberto ou polo servizo de lavado e desinfección de vehículos, mentres que se deroga a taxa por servizos de cemiterios e condución de cadáveres.

IBI

O Goberno local tamén propón a modificación do Imposto de Bens Inmobles (IBI) para introducir novas bonificacións destinadas a familas numerosas que irán do 20 ao 90% en función do valor catastral da vivenda.

LIXO

O expediente de modificación de ordenanzas fiscais tamén incorpora a modificación da taxa pola recollida de lixo para establecer bonificacións a familias con escasos recursos, a familias numerosas ou beneficiarias do RISGA.

Por último proponse a modificación do prezo público po expedición de cédulas urbanísticas,informes urbanísticos e certificados relativos ao planeamento urbanístico. Así, a emisión de Informes urbanísticos sobre réxime urbanístico aplicable a unha parcela catastral custará 100 euros.

A expedición de certificacións urbanísticas de declaración de inmoblesen situación de fóra de ordenación, 750 e as Certificacións urbanísticas de non constar incoados, por estaAdministración, expedientes relativos a procedementos de protección da legalidade urbanística ou sancionadores por infraccións urbana outros 750.

Novas relacionadas