Compromiso por Lalín, como anunciou hai 15 días, eleva a Pleno unha moción para que se paralice ata o próximo mandato a compra de terreos para unha praza no centro de Lalin.
Consideran que “non se dan as condicións económicas no noso concello para iso” por mor “das economías das familias, e do alto endebedamento ao que volveu o goberno de Crespo”.
Inciden en que o próximo goberno “non pode quedar condicionado por esta cuestión a tres meses das eleccións”.
Compromiso reitera que “está a favor de ampliar espazos peonís, sempre que as prioridade básicas da veciñanza estean cubertas”.
A MOCIÓN DE CxL
O goberno de Lalín vén de anunciar a case 100 días so da celebración das eleccións municipais, a posta en marcha dun proxecto que prometeron no seu programa electoral, denominado “Gran Plaza”, facendo un evidente engano ao seu electorado, e ao conxunto da veciñanza, xa que como é evidente a promesa non se vai cumprir.
Destina 2´5 millóns de euros so para a adquisición de inmobles e predios, e sen mostrar o mínimo proxecto que pretendería desenvolver, e tampouco facer a máis mínima estimación do custe do suposto proxecto, insistimos que inexistente a día de hoxe.
O ético en esta situación sería que a 3 meses das eleccións fose a seguinte corporación a que valorase unha iniciativa desta complexidade teórica, xa que non se pode analizar detalladamente ao non existir proxecto.
O Partido Popular di que pódese facer pola solvencia que ten actualmente o Concello, sen lembrarlle á veciñanza como deixaron as contas públicas no 2015, con case 6 millóns de débeda, que deixou practicamente pagados o goberno anterior, e os 9 actuais certificados polos servizos económicos do Concello.
Todo isto engadido á situación xeral de crise que vive Galicia despois de unha Pandemia, e nos que datos de organizacións pouco sospeitosas de comunistas e “bolivarianas” como Cáritas, falan dun incremento exponencial de familias que non chegan a fin de mes en Lalín.
Compromiso pactou a “Axenda Urbana” e xa anunciou que non está en contra de ampliar espazos peonís como unha praza de maiores dimensiones no centro, mais consideramos que na actual situación, non é ético hipotecar ao Concello e aos lalinenses 8 anos máis, so buscando un presunto rédito electoral.
Por todo iso solicitan:
Que o goberno de Lalín paralice o proxecto de “Gran Plaza” durante os tres meses de mandato restantes, e sexa a seguinte corporación na primeira sesión plenaria que sexa posible, a que decida sobre esta cuestión, por ética, e respecto á situación económica de moitos veciños