Comezan os traballos de remodelación viaria do Plan Concellos en Silleda, cun investimento de máis de 540.000 euros

A empresa adxudicataria, Taboada y Ramos, que leva xa varios días ca limpeza e perfilado de cunetas, iniciou hoxe os traballos de aglomerado no acceso e a explanada do CEIP Ramón de Valenzuela. Os traballos continuarán nas parroquias de Dornelas, Ponte, Taboada, Lamela, Carboeiro, Moalde, Vilar, Margaride, Silleda e Cira.
Redacción
abril 27, 2022

O Concello de Silleda ven de iniciar estes días a execución dun dos programas de obras de mellora da rede viaria con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Así, e con cargo aos fondos que lle corresponden do Plan Concellos da Deputación da anualidade 2021, executaráse nestas semanas a mellora dunha ducia de tramos en distintos puntos do termo municipal silledense.

A empresa adxudicataria, Taboada y Ramos, comezou os traballos de aglomerado no acceso e a explanada ao CEIP Ramón de Valenzuela, na vila da Bandeira, cun notable deterioro que desaparecerá con esta actuación. O investimento, por de 544.777,67 euros, inclue outras actuacións en distintos puntos da xeografía silledense.   

“Esta nova actuación suporá a mellora integral dunha serie de viais con gran tránsito e vertebradoras de distintas localidades e servizos”, indica o alcalde, Manuel Cuiña, que hoxe visitou o lugar de inicio dos traballos xunto co director de obra.

Así, no proxecto figura un  tramo do vial de entronque ca glorieta da PO-211, dende o recinto feiral Semana Verde, -en Silleda-  . Neste caso trátase dun tramo que se atopa en mal estado e que conecta cunha das circunvalacións arranxadas nos últimos anos, e tamén do acceso ao centro educativo que utilizan a diario as persoas usuarias do centro e o transporte escolar.

Xa na zona rural  o plan de mellora viaria inclue actuacións en distintas parroquias. Así, levaranse a cabo obras de mellora en Ponte (no vial que une Espiño e Carderrei e tamén no vial de entronque ca PO-205 que dá acceso a varios lugares).

Na parroquia de Vilar arranxarase o vial entre O Barral e Mazarelos e en Carboeiro outros dous tramos: un en Carboeiriño e o que une este último lugar ca parroquia de Ansemil, con case 1 kilómetro de lonxitude.

En Lamela actuarase nun tramo de 1.095 metros dende o acceso da N-525 na Goleta (cara á igrexa) ata o lugar de Vilariño.

Tamén con cargo a este plan de actuación se mellorará a pista central que vertebra a parroquia de Dornelas, con algo máis de 2, 4 kilómetros de lonxitude.

Nesta zona figura tamén o vial do Curro, na parroquia de Cira, dende o entronque ca EP7017.

Inclúese tamén a reforma integral do vual dende Riocalvo ata Rellas, pasando por Gamil, en Margaride; así coma o tramo de estrada que vai dende a N-640 en Moalde en dirección a Olives, tamén con máis de 1,3 kilómetros de lonxitude.

Completan o proxecto dous viais na parroquia de Taboada: o tramo desde Trasdovalo ata Ponte Taboada e o que vai dende a estrada N-525 ata o lugar de Carballeda.

En todas elas acometerase a mellora do firme cunha nova capa de rodadura con aglomerado en quente.

Os traballos de aglomerado de todos estes viais estanse a simultanear ca limpeza e perfilado das cunetas nas vías nas que se irá actuando nas vindeiras semanas.

Máis de 1,2 millóns no seguinte plan

Por outra banda, no orzamento municipal deste ano xa se contempla unha partida con máis de 1, 2 millóns de euros que tamén, con cargo ao Plan Concellos da Deputación, continuarán mellorando a extensa rede viaria municipal de Silleda nos vindeiros meses.

Estas actuacións, que se acometerán nos vindeiros meses,  suporán a mellora de 17 tramos en distintos puntos do termo municipal, que suman –aproximadamente 20 kilométros de lonxitude.

Así, reformarase o vial da parroquia de Pazos dende a ponte do TAV ata o lugar de Quintás. Tamén en Martixe se mellorará todo o viario do núcleo de Martixe de Abaixo e en Manduas o lugar de Andamollo.

En Carboeiro realizarase o tramo dende Carboeiro de Francia ata o acceso ao mosteiro e na Bandeira renovarase o firme do vial da Devesa, dende o Centro de Saúde ata o enlace ca pista de San Brais, en Chapa.

Na parroquia de Parada as obras de mellora viaria afectarán a dous tramos que discorren entre os lugares de Mediodaldea e Outeiro. Tamén en Ponte se renovarán outros dous tramos: o que vai dende Vilar ata Rosende e que une esta localidade ca parroquia de O Castro, discorrindo paralelamente á AP-53.

En Moalde arraxaránse as pistas que dan acceso aos lugares de Meda e San Xosé, e en Escuadro realizaránse obras nunha das pistas de maior lonxitude: o acceso a Paredes dende a estrada nacional 640.E na parroquia de Fiestras inclúese o vial do lugar de Barcia.

Trasfontao, Santa Mariña e Laro

Tamén en Silleda se levará a cabo a mellora do viario que da acceso a Trasfontao, dende a N-525 ata o lugar de Costoia, xa na parroquia de Siador, ata o entronque co vial autonómico PO-201.

Outra das actuacións que completa este ambicioso proxecto levarase a cabo na parroquia de Graba, mellorando o acceso ao lugar de Santa Mariña, dende a estrada provincial a Forcarei ata esta aldea, pasando polos núcleos de Outeiro, Penalta e Fontao.

Competa a dotación a parroquia de Laro co arranxo de dous tramos: o que vai dende Pelures a Forcas e dende este último lugar ata Sante.

“É un investimento histórico na extensa rede viaria do noso rural”, sinala o alcalde, Manuel Cuiña.

Novas relacionadas