Arredor das 14.00 horas de hoxe producíase un accidente de tráfico en Vila de Cruces.
Nel víronse implicados un camión que transportaba madeira e un vehículo. A colisión entre ambos só deixou danos materiais, pero ningún ferido.
O sinistro tivo lugar no quilómetro 24 da PO-960, á altura de Piloño.
