Cobideza facturou o ano pasado máis de 23 millóns de euros

A xunta directiva seguirá presidida por Román Santalla.
Redacción
octubre 31, 2021


ℹ Cobideza celebrou asemblea xeral extraordinaria con balance de xestión do ano 2020 e tamén de parte do 2021. Destaca a cooperativa unha tendencia ao aumento do volume da facturación con resultados positivos no exercicio.


➡Malia que o ano 2020 foi de dificultade pola pandemia, o balance xeral foi positivo nas diferentes seccións da cooperativa. A facturación total ascendeu a 23.312.118,56 de euros cun balance de beneficio contable de 110.492,16 euros.


📍NOVA XUNTA DIRECTIVA

Seguirá presidida por Román Santalla de Agrasilva SC á que se incorpora presenza de Forcarei a través da Gandaría de la Fuente. A Xunta quedou conformada por Román Santalla na presidencia, María José Lamas na vicepresidencia, Manuel Miguélez de secretario, María Fé Rodríguez de Tesoureira, e vocalías para Luís Cejo, Raquel Barreiro, Inés Otero, Lourdes Saa e Ramón Abonjo.


📍SUPERMERCADO RURAL

Entre os obxectivos da nova directiva atópase proposta de activar a curto prazo a finca comprada recentemente a Excavaciones Vilariño en Cercio, que será dedicada a almacén de maquinaria e forraxe. Tamén se levarán a cabo reformas no almacén central de Cercio onde se creará un supermercado rural e se destinará outra parte a produtos de gandaría e medio rural.


➡️Outro dos investimentos que se levará a cabo será a reforma da gasolineira de Cercio. Así mesmo afrontarase tamén unha reforma na tenda almacén situada no polígono de Vila de Cruces.


➡️Con respecto á queixería, os resultados do ano pasado evolucionaron en termos positivos, sendo a produción ecolóxica a que mais aumenta, cunha dotación de persoal e infraestrutura moi importante na que traballan 10 persoas, a grande maioría mulleres.


📍NOVO CONTRATO LÁCTEO

Na asamblea presentouse o novo contrato lácteo que vai de 1 de outubro de 2021 a 30 de setembro de 2022. É un contrato con Reny Picot por 55 millóns de litros anuais repartidos en mensualidades.


🗣 O presidente, Román Santalla destacou que “Cobideza segue mantendo a tendencia económica alcista e consolidase como a primeira cooperativa da zona e a terceira do seus ámbito en Galicia en canto a facturación e socios”.

Novas relacionadas