Lalín e a comarca non paran de exportar talento. Tanto é así, que todo apunta a que un lalinense pasará a formar parte nas próximas horas do equipo técnico do F.C Barcelona na era de Xavi Hernández como adestrador.
Trátase de Carlos Rodríguez Nogueira, “Mejicano” entre os amigos, fisioterapeuta e hosteópata que desde a súa chegada ao a l’Al-Sadd en 2019 pasou a ser un dos homes de confianza do que segundo algúns medios deportivos arestora xa é no novo técnico do club “blaugrana”.
Carlos R. Nogueira estivo desde sempre ligado ao deporte e xogou no Balonmán Lalín desde os 10 anos. Tras estudar fisioterapia continuou practicando balonmán no Lalín e no Teucro ata que viaxou á Madrid para estudar un máster. Nos anos seguintes continuou ampliando a súa formación, destacando moi pronto dentro da súa profesión.
Foi Consultor Externo da Selección Nacional de Qatar (QFA) durante a preparación da Copa de Asia ata que se uniu ao Staff Técnico de Xavi Hernández como manager dos fisioterapeutas do Al Sadd Sports Club. Da man do histórico xogador culé chegará agora ao F.C Barcelona.