“Autonostalgia”, o berro xeneracional dos Vagos de Lalín

O vídeo do tema é un adianto do seu novo disco, que presentarán en directo na praza da Igrexa de Lalín o próximo 12 de xuño. O novo traballo edítase en CD, vinilo e en plataformas dixitais, e poñerase á venda cun libro sobre a traxectoria da banda escrito por Román Gutiérrez.
César Carracedo
mayo 18, 2021

“Los Vagos que afilaban guitarras en las tabernas y rezaban al dios del vino en las Tormentas”. Ese é o título do quinto álbum de estudio dos Vagos, que sairá á venda xunto co libro “Nunca Fuimos Nada”, de Román Gutiérrez da Silva, no que se repasa a traxectoria da banda.

Presentarano en Lalín o vindeiro 12 xuño, nun concerto na terraza do Casino.

Para ir abrindo boca xa podedes ver o vídeo do tema “Autonostalgia”, o primeiro dos que integran o álbum. En palabras de Román Gutiérrez da Silva, “Autonostalgia” e o resto do disco, “é un exercicio de egocentrismo nostálxico no que evidenciamos a nosa perda de mocidade, e revindicamos a parte máis lúdica da nosa adolescencia e xuventude, entre os 80 e os 90, cando todo era urxente e, basicamente, drogarse e foder!”

Rock and roll e… A desfrutalo!!🎵🎶

Novas relacionadas

O PSOE cifra en 2,5 millóns as axudas directas do goberno central para o sector lácteo en Lalín

O PSOE cifra en 2,5 millóns as axudas directas do goberno central para o sector lácteo en Lalín

Alba Forno cualificou como “histórica para o sector” esta liña de apoio e subliñou a aposta decidida do goberno de Pedro Sánchez para articular respostas coas que facer fronte ao actual escenario de crise na agricultura e a gandaría. Fronte a isto, a secretaria xeral dos socialistas lalinenses denuncia “a parálise da Xunta” e lembra que “a día de hoxe non hai publicada no DOG ningunha medida a favor dos gandeiros”.