Atropelo na Avenida de Ourense e ferida unha muller tras caer na rúa Ferrín Moreiras

Sucedeu este venres.
Redacción
octubre 10, 2021

Unha persoa resultou atropelada esta mañá ao redor das 09.45 horas na avenida de Ourense, concretamente na zona da rotonda do Alto de Vales.

Por causas que se descoñecen foi alcanzada por un vehículo provocándolle feridas de diversa consideración, aínda que segundo informa o 112 a vítima do atropelo atopábase “liberada, accesible e consciente” no momento de ser atendida polos servizos de emerxencias sanitarias no lugar dos feitos.

O 112 deu aviso do sinistro aos bombeiros de Silleda, á Policía Local e ao GES de Lalín.

Case de maneira simultánea unha muller sufría unha caída na rúa Ferrín Moreiras da capital dezá, á altura do supermercado Gadis.

Ao parecer, a consecuencia do percance foi un forte golpe na cabeza que fixo necesario chamar ao 061. Segundo testemuñas do suceso a ambulancia tardou máis de 20 minutos en chegar.

Novas relacionadas