Ascenso á Liga Ouro para os equipos cadetes do Balonmán Lalín

As rapazas xogaron no Porriño e os rapaces en Lalín.
César Carracedo
octubre 12, 2021

Fin de semana de éxitos para a base do Balonmán Lalín. As cadetes e os cadetes xogábanse nos seus repectivos play off o ascenso á Liga Ouro e ámbolos dous equipos acadaron o obxectivo.

As rapazas do CORETI, adestradas por Miguel Pereira, Ventoso, xogaron no Porriño onde se impuxeron tanto ao Bm Tui (13-37) como ás locais (21-29) nos dous partidos disputados.

Mentres o UPI INFORMÁTICA, adestrados por Alexandre Dacosta, Pachi, gañou os seus tres partidos (Bm Cangas, Bm Rodeiro e Rasoeiro) xogados no Lalín Arena.

Novas relacionadas