As esperpénticas roldas de prensa de Avelino Souto

Artigo remitido a DZ! por un informante do entorno do Lalín Arena que prefire manterse no anonimato.
Redacción
abril 21, 2022

Dicir a estas alturas que a xestión que fai o concelleiro de deportes Avelino Souto é desastrosa, non sería unha novidade, para comprobalo soamente é necesario botarlle unha ollada a como ten o Lalín Arena, sumido en polémicas casi permanentes xa coñecidas por todos, que levaron a instalación a unha situación de caos xeralizado.

Decisións carentes de toda lóxica e baseadas no sectarismo e na arbitrariedade como a asinacion de productividades a determinados traballadores, excluíndo a outros que de merecelas, seguramente as merecían máis, supuxeron o detonante na dañada relación co persoal do centro, que en moitas ocasións xa lle transmitira queixas por distintos motivos relacionados co seu facer.

O máis preocupante, non é xa o seu grado de ineptitude, que tamén, pero sen dúbida o máis chamativo é a prepotencia, arrogancia e mentiras coas que trata de escondela, arremetendo contra todos aqueles que exercendo os seus dereitos tanto individuais ou en representación de colectivos o poñen en constante evidencia. Non leva nada ben a crítica, aprendeu pronto as “malas formas” da vella escola política, a pesar de ser ainda moi novo.

Fai uns días, cuestionaba públicamente a labor dun medio de información local por facerse eco dunha incidencia acontecida no campo de fútbol de Vilatuxe, onde coincidiron varios partidos ao mesmo tempo por falta de previsión dentro do seu departamento municipal, crítica impropia de quen ostenta responsabilidade pública.

Pero non satisfeito no seu intento de amedrentar ao comunicador, pretendendo un “apagón informativo” que non poña en evidencia as súas carencias de organización, non se lle ocurre mellor cousa que preparar unha rolda de prensa onde non dixo unha soa verdade.

Intento de desprestixio hacia membros da oposición con mentiras de corto recorrido

Na comparecencia ante a prensa fixo unha exposición de feitos falsos e fácilmente rebatibles como así foi, e onde o visoño concelleiro aseguraba que a participación do anterior goberno na obra do campo de Vilatuxe fora nula, e tamén acusando a Santi Castro, anterior edil de deportes e deportista de gran prestixio local e nacional, de tratar de boicotear a realización dunha competición que a Federación Galega pretendía levar a cabo en Lalín. No caso da primeira afirmación a hemeroteca encargouse de deixalo ben retratado, e na segunda, foi a propia Federación desmentindo a noticia, quen deixou a Avelino Souto ante a opinión pública como o que é, un indocumentado e un mentireiro.

Información falsa en relación ao conflicto laboral que manten cos traballadores do Arena

Pero o asunto vai mais aló, posto que na citada rolda de prensa do 31 de Marzo, ten a desfachatez de dicir que saíu airoso e vencedor dos procesos xudiciais por denuncias interpostas por traballadores do complexo deportivo Lalín Arena contra él. Di concretamente que o xuíz lle dou a razón. O cal é rotundamente falso, pois o que di a resolución do xuzgado na sentencia e a inspeccion de traballo tamén, é xustamente o contrario. Correxindo ao concelleiro, e advirtindoo de que o traballador non pode facer labores de socorrista xa que supón unha modificación sustancial das súas condicións de traballo, posto o cal se lle asinaba, e non se atopan incluídas dentro do seu contrato de traballo nin ten a titulación oficial esixida para poder facelas.

Acto grave de irresponsabilidade

O cal supón un acto de irresponsabilidade e enorme gravidade por parte do Concelleiro, dado que a decisión que adoptou, supuxo que a piscina estivese sen socorrista titulado tendo que facer o traballador labores que non lle corresponden e que lle poderían acarrear problemas graves no caso de producirse algunha incidencia na piscina e ter que actuar sen estar cualificado.

Permanentes visitas das inspectoras de sanidade ante os reiterados incumplimentos da normativa

Actitudes caprichosas e totalmente inxustificadas coma esta e que veñen sendo habituais nos últimos tempos, provocaron polo que parece, unha enorme desconfianza hacia o funcionamento da piscina e un auténtico estado de “alarma” no servizo de inspección de sanidade que xa viña facendo advertencias claras sobre reiterados incumplimentos na normativa. Motivo polo cal, como indica o concelleiro, aumentaron de xeito escandaloso a frecuencia nas súas visitas para poder comprobar entre outras cousas que o personal que fai de socorrista teña a titulación correspondente ou que o socorrista non faga ao mesmo tempo de monitor.

Cantidade de cursillistas moi inferior á de anos precedentes

Tamén falta á verdade o Concelleiro Avelino Souto cando di que o número de cursillistas actuáis na piscina (616) é “record” e moi superior ao de épocas anteriores. Hai que estar pouco documentado para facer afirmacións como esta. Só é preciso recurrir novamente á hemeroteca para rebatilas. Neste caso ao Facebook municipal do Lalín Arena no ano 2017, onde se indica de forma clara a cifra de cursillistas, sendo esta de 900, bastante superior á que él presenta como histórica de 616.

En definitiva, fixo unha rolda de prensa esperpéntica, e chea de mentiras, arremetendo contra os que non lle calan e evidencian de varias formas a súa mala xestión. Incluso contra o líder da oposición por escoitar queixas e demandas de traballadores que ven pisoteados os seus dereitos con comportamentos e decisións impropios dun representante político nun sistema que se presupón democrático.

Que se pode agardar de políticos así, unicamente que o tempo, e sobre todo as furnas, os poñan onde se merecen.

Novas relacionadas