Arde un coche tras un accidente no que se viron implicados cinco vehículos na AP-53 á altura de lalín

Segundo fontes de emerxencias, non houbo feridos de consideración.
César Carracedo
octubre 10, 2021

Accidente na AP-53 ao seu paso por Lalín, no quilómetro 49 en dirección Ourense, á altura da Xesta.

Trátase dunha colisión por alcance na que se viron implicados cinco vehículos.

En principio non hai feridos de consideración, segundo informan fontes dos servizos de emerxencias, pero un dos coches empezou a arder polo que foi necesaria a intervención dos bombeiros. O vehículo resultou bastante danado polo lume.

Foron avisados tamén os servizos sanitarios, a Garda Civil de Tráfico, o servizo de mantemento da autoestrada e o GES de Lalín.

Novas relacionadas