Aprobadas dúas novas axudas á creación de emprego do Concello de Silleda

Dende que se puxo en marcha este programa de axudas no ano 2015 dende a Concellería de Emprego de Silleda son xa máis de 40 as persoas emprendedoras e entidades subvencionadas.
Redacción
octubre 12, 2021

A Xunta de Goberno Local vén de dar o visto bo a dúas solicitudes para a apertura dun establecemento en Lamela e un centro pedagóxico en Silleda.

O Concello de Silleda vén de outorgar dúas novas axudas ao emprendemento a través do Plan Municipal de Creación de Emprego do Concello de Silleda. Na última sesión da Xunta de Goberno Local aprobáronse as dúas subvencións: unha para Patricia Pereiro López, con 2.400 euros, e outra para Beatriz Rey Gómez, por valor de 2.700 euros.

No primeiro dos casos, trátaxe dunha axuda a un establecemento sito na parroquia de Lamela (de alimentación e estanco). A contía da axuda desglósase en 900 euros por alta no réxime de autónomos, 600 por apertura do local, e outros 900 euros pola contratación dunha traballadora.

A outra axuda é para a apertura dun centro pedagóxico na rúa Santa Olaia na nome de Beatriz Rey Gómez, que a maiores da subvención anterior ten outra contía por tratrarse dunpa persoa en situación de parada de longa duración (300 euros).

Dende que se puxo en marcha este programa de axudas no ano 2015 dende a Concellería de Emprego de Silleda son xa máis de 40 as persoas emprendedoras e entidades subvencionadas.

Novas relacionadas