Abertas as inscricións para a Carreira do Cocido, que se celebrará o 5 de marzo

Os participantes poderán degustar cocido a 20 euros o prato grazas á colaboración de catro locais de hostalaría.
Redacción
febrero 8, 2023

Lalín prepárase para a Carreira do Cocido. A cita este ano será o 5 de marzo. As inscricións xa están abertas a través do seguinte enlace: https://carreiradococido.ccnorte.com

Os detalles da Carreira foron presentados esta mañá por Iago Pazos e Nacho Castro, presidente e adestrador do Club Atletismo Deza, que leva o peso da organización da proba.

A saída e meta serán Praza de Galicia.

O circuíto para 5 km será común ao de10Km exceptuando o tramo oeste do paseo do Pontiñas.

Ambas carreiras terán unha saída programada conxunta, cunha separación de 5 minutos para separar ambos circuítos sen risco de mesturas. Realizarase en primeiro lugar a saída da proba de 5km, ás 11.00 horas.

Dez minutos antes, ás 10.50 horas, sairá a carreira de capacidades especiais.

A entrega de premios será ás 12.15 horas e as diferentes carreiras das categorías escolares sairán ás 13.00 horas

A inscrición será gratuíta para as categorías escolares e ata a categoría SUB23

E outra novidade é o cocido a 20 euros por persoa para corredores e acompañantes.

O Club Atletismo Deza coa colaboración e esforzo de algúns hostaleiros do pobo promocionou esta experiencia piloto para que favorecer que os corredores queden a comer en Lalín.

Os establecementos que colaboran nesta iniciativa son o Hotel Pontiñas, o Restaurante A Estación (Botos), o Bar Restaurante Onde Antonio e o Restaurante Villanueva.

Na propia páxina de inscrición están os datos de contacto para facer as reservas ata esgotar prazas.

Novas relacionadas