A Xunta propón duplicar o persoal do GES de Lalín e chegar aos doce efectivos

Tamén se baralla unha actualización dos custes salariais.
Redacción
octubre 19, 2021

A Xunta de Galicia proporá mañá na Comisión de Seguimento dos Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES) -na que tamén están representadas as deputacións provinciais e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP)- aumentar o persoal dos GES para que todos teñan un total de 12 efectivos.

De saír adiante esta proposta, o grupo de emerxencias de Lalín duplicaría o seu número de traballadores, xa que na actualidade conta con seis.

Na zona, a medida tamén afectaría ao GES da Estrada, que incrementaría en dous os seus efectivos pois, na actualidade, conta con dez.

𝘈𝘊𝘛𝘜𝘈𝘓𝘐𝘡𝘈𝘊𝘐Ó𝘕 𝘋𝘌 𝘊𝘜𝘚𝘛𝘌𝘚 𝘚𝘈𝘓𝘈𝘙𝘐𝘈𝘐𝘚

Ademais, tamén se prevé actualizar os custos salariais dos efectivos co obxectivo de adaptalos ao custo real dos GES na actualidade. Neste caso 𝘁𝗼𝗺𝗮𝗿𝗮𝘀𝗲 𝗲𝗻 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗮 𝗼 𝗮𝘂𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼 𝗱𝗲𝘀𝗱𝗲 𝗾𝘂𝗲 𝗮𝘀𝗶𝗻𝗼𝘂 𝗼 𝗽𝗿𝗶𝗺𝗲𝗶𝗿𝗼 𝗰𝗼𝗻𝘃𝗲𝗻𝗶𝗼 𝗲𝗻𝘁𝗿𝗲 𝗮 𝗫𝘂𝗻𝘁𝗮, 𝗮𝘀 𝗱𝗲𝗽𝘂𝘁𝗮𝗰𝗶ó𝗻𝘀 𝗲 𝗼𝘀 𝗰𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗼𝘀 𝗲𝗻 𝟮𝟬𝟭𝟯.

No que se refire ás achegas da Xunta, estas cuestións suporán un incremento de máis de 1,5 millóns de euros anuais na aportación por parte do Goberno galego que podería financiarse a través do Fondo de Cooperación Local (FCL) aumentando a partida dedicada aos servizos de emerxencia.

O incremento económico total sería de 2,9 millóns de euros, dos que a Xunta asumiría 1,5 millóns, mentres que entre as catro deputacións provinciais terían que destinar 1,1 millóns -o 40%- e entre os concellos sede 220.875 euros por ano, o 7,5% restante.

Novas relacionadas