A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, vén de abrir unha nova convocatoria de axudas para clubes deportivos co obxectivo de seguir apoiando o traballo destas entidades.
Na anterior convocatoria beneficiáronse preto de 30 clubes da comarca, que se repartiron un total de 143.516 euros.
En concreto, a Secretaría Xeral para o Deporte concedeu axudas por 103.000 euros a 17 clubes de Lalín (Balonmán Lalín, Vitalqi, Rugby Lalín, Escola de Fútbol, Club Hípico Juan Oliveira, Extol MTB, Kung Tai, Escudería Lalín-Deza, Arcocelta, Club Ciclista Montes do Deza, CD Lalín, Roteiros de Lalín, Sobre Rodas, Escola de Xadrez, GTR Galaico, Móvete na Moto e Vilatuxe FC), 11.000 euros a seis entidades de Silleda (SPD Deza, BTT Trasdeza, Amigos de Fútbol de Silleda, Escola de Fútbol, SD Silleda e SD Bandeira), 13.300 euros a tres de Vila de Cruces a través de cinco achegas (Keltoi, Kung Fu Zen e SD Cruces), 6.977 euros a dúas de Agolada (SD Agolada e Agolada Clube Náutico) e 9.239 euros ao Balonmán Rodeiro.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado polo xefe provincial de Deportes, Daniel Benavides, mantivo esta tarde un encontro cos clubes de Lalín para informarlles dos requisitos das novas liñas de axudas deportivas da Xunta para o presente ano, que teñen aberto o seu prazo de solicitude ata o luns 7 de febreiro e que contan coas modalidades de subvención ordinaria, covid-19, reactivación e equipamentos.
DATOS DA ESTRADA
No Concello da Estrada outorgáronse axudas a 19 clubes por importe de 76.000 euros que beneficiaron a A Estrada Futsal, Club Bádminton A Estrada, Escola Estrada de Fútbol Base, CD Estradense, Atletismo A Estrada, Club Ciclista Estradense, UD A Estrada FS, Club Patín, Recreo Cultural, ADC Guimarei, Irmandinhos, Xadrez AC A Estrada, Clube Natación e Salvamento A Estrada, Ximnasia A Estrada, San Paio, Veteranos Berres, Sport Team Estrada e Club Judo Base.