A peza 15.000 do Museo do Pobo Galego é unha trenza dunha nena de 7 anos falecida en Silleda en 1970

Por aquela época, ante a perda prematura dun fillo ou familiar, era costume conservar obxectos persoais do defunto para asimilar a situación.
Redacción
septiembre 2, 2021

A colección do Museo do Pobo Galego, En Santiago, suma xa 15.000 rexistros coa incorporación da súa nova peza. Trátase dunha trenza do cabelo dunha nena de faleceu de forma súbita aos 7 anos, en Silleda, no ano 1970.

Dende aquela foi conservada pola súa nai en recordo da rapaza, xunto cun escapulario.

O Museo do Pobo Galego sinala que por aquela época, ante unha perda prematura dun fillo ou familiar, era costume conservar obxectos persoais do defunto para asimilar a situación.

Entre as posibilidades, o máis significativo era gardar o cabelo da falecida como unha forma de testemuñar a existencia desta persona e conservar a esencia, posto que ademais non se degrada con facilidade.

Segundo o Museo do Pobo Galego, esta trenza serviu como elemento integrador familiar especialmente para a descendencia do matrimonio que non chegou a coñecer á súa irmá.

Novas relacionadas