As rúas teñen memoria. As vilas e cidades gardan recordos en cada recuncho.
A pouco que abramos os ollos e observemos darredor, veremos vestixios dun pasado recente (ou non tanto) que nos poden orientar polo relato do que fomos e do que somos.
Iso foi o que puideron comprobar hoxe un grupo de alumnas e alumnos de 4º da ESO do Instituto Aller de Lalín. Guiados pola profesora Alba Payo, tiveron a oportunidade de asistir a unha clase de historia impartida pola propia vila onde estudan.
Por que as rúas teñen o nome que teñen? Quenes foron Loriga, Manuel Ferreiro, Xesús Golmar ou Luís González Taboada? Como se chamaban antes a rúa Principal ou a praza da Torre?
O Itinerario da Memoria Histórica ofrecéulles estas e outras respostas. E DZ! acompañounos.