A comarca recibe máis de 30 mil euros da Deputación para proxectos de rehabilitación do patrimonio histórico cultural

Catro concellos beneficiáronse destas axudas.
Redacción
enero 3, 2022

O departamento de Patrimonio da Deputación vén de aprobar o reparto de 376.824,55 euros en axudas para proxectos de rehabilitación do patrimonio histórico cultural en toda a provincia. En total financiaranse 47 actuacións de posta en valor da riqueza patrimonial en concellos de todas as comarcas mediante a súa recuperación e mellora.

A comarca do Deza ingresará 33.629,68 euros para seis proxectos: Agolada, 3.272,69 euros para a sinalización da ponte dos Cabalos (100% do orzamento); Lalín, 17.787 euros (100%) para a mellora da capela de Santo Adrao; Silleda, 5.469,20 euros (100%) para a mellora da contorna da fonte da Virxe xunto á Capela de San Brais en Chapa; e Vila de Cruces, 3.692,69 euros (99,99%) para a sinalización do patrimonio histórico cultural do municipio.

Novas relacionadas