A asociación “Xenerais da Bandeira” retomará as festas do entroido tras dous anos de parón pola covid

O obxetivo, din, "é que o 26 de febreiro deste 2022 o Alto dos Xenerais soe máis forte que nunca".
Redacción
enero 22, 2022

A asociación “Xenerais do Antroido da Bandeira” ponse a fronte da xestión da tradicional celebración do entroido, tras presentar a súa candidatura na asamblea extraordinaria celebrada no Centro Cultural Vista Alegre.

Así, tras ser a única candidatura presentada na asamblea xeral extraordinaria que tivo lugar no Centro Cultural Vista Alegre, a asociación “Xenerais do Antroido da Bandeira” tomou relevo na procura de volver a celebrar a festa do entroido o sábado 26 de
febreiro.
A directiva, está encabezada por Alberto López Pérez, presidente da asociación, xunto con Alberto García Fernández (vicepresidente), Diego Cangas Costa (tesoureiro) e Mariña López Rodríguez (secretario/a); conta con 4 integrantes ocupando o posto de vogais. Estes son: Mara Rey Codesido, Adrián Villar Calviño, Diego Rodríguez Bahamonde, Lucrecia Balagué Blanco.

O principal obxetivo que se plantexa é retomar as fetas do entroido na localidade de Bandeira, o cal desapareceu nos anos 2019 e 2020 por mor da pandemia COVID-19.

Durante a asamblea mencionouse a importancia de retomar esta celebración, non so pola importancia da mesma, se non polos feitos acontecidos en semanas anteriores coa tráxica morte de Bran.

O presidente concluiu a asamblea asegurando que todo o proxecto se fai por e para el e que porue el é Bandeira e el é entroido.

Novas relacionadas