A animadora sociocultural do Concello de Agolada, Inma Galego, xubílase tras case 28 anos

O Concello de Agolada destacou "a importante labor desta traballadora a que tanto lle debe este municipio"
Redacción
septiembre 30, 2021

A animadora sociocultural do Concello de #Agolada, Inma Galego, xubílase este xoves despois de traballar case 28 anos nesta administración local, onde comezou en novembro de 1993.

Os seus compañeiros de traballo quixeron entregarlle este mércores un obsequio e desexarlle o mellor nesta nova etapa da súa vida. Así que lle fixeron entrega dun ramo de flores e dunha placa do Concello de Agolada.

O Concello de Agolada quere destacar “a importante labor desta traballadora a que tanto lle debe este municipio”. Organizou múltiples actividades, foi a encargada da biblioteca municipal e serviu de guía de todos aqueles visitantes que se achegaron a Agolada ao longo destes anos para ver os #Pendellos.

Tamén impulsou coa súa labor a Mostra de Artesanía de Agolada, que “é un dos eventos máis consolidado na localidade”, algo que “se conseguíu grazas ao seu traballo e implicación”.

Parabéns!!! 👏👏👏

Novas relacionadas