A AED lanza dúas campañas en novembro para dinamizar a actividade do comercio e a hostalaría

Son “O comercio de Lalín convídate a un cocido” e a I Ruta e Concurso de Tapas do Outono.
César Carracedo
octubre 29, 2021

1️⃣“O comercio de Lalín convídate a un cocido” consiste en que 41 comercios, por unha compra mínima de 150 euros, entregarán un vale por un cocido para degustalo en 12 restaurantes colaboradores desde o 1 ao 21 de novembro

➡Os restarantes colaboradores serán o Bar O Polo, Cabanas Restaurante, Casa Achacán, Casa Currás, Casa Sanmartín, El Rincón de la Mariposa, Hotel Restaurante Pontiñas, Pazo de Bendoiro, Pensión Las Palmeras, Restaurante Casa do Patrón, Restaurante La Estación e Restaurante La Molinera.

🐽Pola súa parte, os clientes deses 12 restaurantes de Lalín recibirán un vale por importe de 10 euros para canxear en 44 comercios asociados á AED por unha compra mínima de 60 euros.

💻As bases completas desta promoción ppódense consultar aquí: https://aedeza.gal/o-comercio-de-lalin-convidate-a-un…/

🗣Antonio Lamas salienta “a importancia de implicar directamente aos sectores do comercio e a hostalaría nunha campaña conxunta que vai repercutir beneficiosamente en ambas actividades”

2️⃣A I Ruta e Concurso de Tapas do Outono desenvolverase do 4 ao 14 de novembro coa participación de 13 establecementos do sector hostaleiro e por primeira vez a votación as tapas realizarase a través dunha app.

▶️ Contará con 13 establecementos participantes: Alola, A de Jácome, Bar O Polo, Cabanas Restaurante, Café Bar Siglo XXI, Casa Achacán, Casa Currás, Casa Sanmartín, Nigiri de Kontike, O Café de Mili, Pazo de Bendoiro, Pensión Las Palmeras e Restaurante La Molinera.

📍O prezo das tapas será de 1,70 euros -bebida aparte.

Novas relacionadas