A AED asina un convenio con Genera-T para ofrecer aos socios servizos relacionados coa igualdade

A consultora pontevedresa está especializada no apoio ás pemes para a implementación de plans de igualdade e medidas para alcanzar unha conciliación real da vida laboral, persoal e familiar no ámbito empresarial.
Redacción
enero 21, 2022

As empresas afiliadas á Asociación de Empresari@s de Deza poderán beneficiarse en condicións vantaxosas dos servizos relacionados co fomento da igualdade de oportunidades no ámbito empresarial que ofrece a consultora pontevedresa Genera-T, en virtude dun convenio de colaboración asinado esta mañá.

Genera-T é unha consultora especializada no apoio ás pequenas e medianas empresas para o desenvolvemento da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres para alcanzar unha conciliación real da vida laboral, persoal e familiar.

Entre os seus servizos destaca a axuda ás empresas na diagnose, deseño e implementación de plans de igualdade.

O convenio de colaboración, rubricado na sede da A ED por Antonio Lamas como presidente e por Isabel Martínez Cochón e María Judith Vilá San Claudio como representantes de Genera-T, establece que a consultora prestará un servizo de asesoramento e envío de información gratuíto á asociación e que as empresas afiliadas poderán beneficiarse dun desconto do 25% sobre as tarifas habituais dos servizos que ofrece.

Adicionalmente, a AED e Genera- T colaborarán na organización de xornadas, webinarios, talleres, seminarios e/ou outras accións formativas relacionadas co fomento da igualdade de oportunidades no ámbito empresarial.

Novas relacionadas

O PSOE cifra en 2,5 millóns as axudas directas do goberno central para o sector lácteo en Lalín

O PSOE cifra en 2,5 millóns as axudas directas do goberno central para o sector lácteo en Lalín

Alba Forno cualificou como “histórica para o sector” esta liña de apoio e subliñou a aposta decidida do goberno de Pedro Sánchez para articular respostas coas que facer fronte ao actual escenario de crise na agricultura e a gandaría. Fronte a isto, a secretaria xeral dos socialistas lalinenses denuncia “a parálise da Xunta” e lembra que “a día de hoxe non hai publicada no DOG ningunha medida a favor dos gandeiros”.