O Concello de Silleda aumentará a dotación económica do certame #Silledafainadal

O alcalde, Manuel Cuiña, presidiu a entrega de premios no salón de plenos e agradeceu a participación veciñal no concurso.
Redacción
enero 5, 2022

Hoxe entregáronse no salón de plenos os premios do segundo certame de decoración #Silledafainadal nun acto presidido polo alcalde, Manuel Cuiña, e cas concelleiras de Cultura, Mónica González, de Comercio, Pili Peón e de Educación e Benestar, Ángela Troitiño.

Cuiña felicitou ás persoas e grupos premiados e agradeceu a todos os participantes a súa implicación nesta iniciativa, que vén de aumentar a participación neste segundo ano.

Así mesmo, tamén se anunciou que para a terceira edición se ampliará a contía económica dos galardóns, a fin de incentivar a participación e compensar o traballo das persoas participantes.

Na categoría colectiva o primeiro premio é –por segundo ano consecutivo- para a veciñanza do Barrio das Baratas de Silleda (700 euros); o segundo (500 euros) para o grupos Labercos, ca recreación realizada na praza de Juan Salgueiro, e o terceiro para a Asociación de Veciños Vagalume de Moalde (300 euros), pola súa árbore reciclada.

Na individual, a proposta gañadora foi a de Nerea Costa Alonso, veciña de O Pereiro, en Laro, cun galardón de 300 euros pola recreación de Laponia. O segundo para o balcón de Naiara Peña Conde, na rúa Carballeira do Chousiño, cunha creación feita con materiais de refugallo (175 euros); e o terceiro para José Luis Blanco Gil, pola fábrica de xoguetes recreada no balcón da rúa Venezuela (100 euros).

Así mesmo, o xurado, formado por integrantes dos colectivos ECOS, Anpa Raparigos, e AVEMA, decidiu tamén otorgar senllas Mencións Especiais ás decoracións da Escola Infantil A Galiña Azul e a Residencia de Maiores de Silleda.

Todos os premios consisten en vales para gastar no comercio e na hostalería do municipio ata o vindeiro 30 de xuño. A reactivación económica era un dos obxectivos deste certame –convocado dende as Concellerías de Cultura e Comercio- xunto coa promoción da creatividade e o fomento da participación veciñal.

“Ademais de axudar ao pequeno comercio e a hostalería, outro dos obxectivos era involucrar á veciñanza nun ano que foi outra vez complicado, algo que consideramos que se conseguiu ao participar xente non só das vilas senon tamén do rural”, indicou o alcalde Manuel Cuiña , que destacou ademais a orixinalidade das creación e o emprego de materias de reciclaxe, co uso de caixas, restos de madeira, botellas e tapóns de plástico, restos de podas, madeiras…..

Novas relacionadas

O PSOE cifra en 2,5 millóns as axudas directas do goberno central para o sector lácteo en Lalín

O PSOE cifra en 2,5 millóns as axudas directas do goberno central para o sector lácteo en Lalín

Alba Forno cualificou como “histórica para o sector” esta liña de apoio e subliñou a aposta decidida do goberno de Pedro Sánchez para articular respostas coas que facer fronte ao actual escenario de crise na agricultura e a gandaría. Fronte a isto, a secretaria xeral dos socialistas lalinenses denuncia “a parálise da Xunta” e lembra que “a día de hoxe non hai publicada no DOG ningunha medida a favor dos gandeiros”.