53.521 euros: Crespo, entre os alcaldes mellor pagados de Galicia

Os concelleiros do PP no Concello de Lalín cobraron, en conxunto, preto de 300 mil euros no ano 2020. O alcalde de Silleda cobrou 48.833 euros ao ano e o de Dozón, 37.688. Vila de Cruces, Agolada e Rodeiro non lle achegaron os datos ao Ministerio de Facenda.
César Carracedo
octubre 16, 2021

O Ministerio de Facenda vén de facer públicos os soldos dos rexedores galegos no ano 2020. Na lista de alcaldes mellor pagados de Galicia sitúase o de Lalín, cunhas retribucións que ascenden a 53.520,78 euros. 𝐄𝐬𝐭𝐚 𝐜𝐚𝐧𝐭𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐞𝐬𝐭á 𝐩𝐨𝐫 𝐞𝐧𝐫𝐢𝐛𝐚 𝐝𝐚 𝐪𝐮𝐞 𝐜𝐨𝐛𝐫𝐚𝐧, 𝐩𝐨𝐫 𝐞𝐱𝐞𝐦𝐩𝐥𝐨, 𝐨𝐬 𝐦𝐚𝐧𝐝𝐚𝐭𝐚𝐫𝐢𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐠𝐫𝐚𝐧𝐝𝐞𝐬 𝐜𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞𝐬 𝐜𝐨𝐦𝐨 𝐒𝐚𝐧𝐭𝐢𝐚𝐠𝐨 𝐝𝐞 𝐂𝐨𝐦𝐩𝐨𝐬𝐭𝐞𝐥𝐚 𝐨𝐮 𝐅𝐞𝐫𝐫𝐨𝐥.

En concreto, José Crespo sitúase no posto décimo segundo no ránking de alcaldes mellor pagados de Galicia e no quinto da provincia de Pontevedra. No conxunto da comunidade están por diante están os de Pontevedra, Vigo, Ourense, A Coruña, Lugo, A Estrada, Ribeira, Culleredo, Arteixo, Narón e Vilanova de Arousa.

𝗘𝗻 𝘁𝗼𝘁𝗮𝗹, 𝗼𝘀 𝗰𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗲𝗶𝗿𝗼𝘀 𝗱𝗼 𝗣𝗣 𝗱𝗲 𝗟𝗮𝗹í𝗻 𝗰𝗼𝗯𝗿𝗮𝗿𝗼𝗻, 𝗲𝗻 𝗰𝗼𝗻𝘅𝘂𝗻𝘁𝗼, 𝟮𝟵𝟭.𝟳𝟴𝟰 𝗲𝘂𝗿𝗼𝘀. Esa cifra inclue o salario do alcalde, tres dedicacións exclusivas ( de 49.602 euros, 40.454 euros e 37.574 euros), unha parcial (de 30.311 euros) e as retribucións dos 6 edís populares sen dedicación.

Neste último caso, os seus ingresos públicos oscilan entre os 14.210 do que máis cobrou e os 12.460 euros dos que menos percibíu.

Entre os dez munícipes da oposición, as cantidades van entre os 8.690 euros e os 3.020 euros.

Os datos que hoxe fixo públicos o Ministerio de Facenda tamén desvelan as cantidades cobradas durante o 2020 polos rexedores de Silleda (48.833,68 euros) e Dozón (37.688,82 euros). No caso do de Dozón trátase dunha dedicación parcial.

O resto de municipios da comarca –Vila de Cruces, Agolada e Rodeiro- non ofreceron eses datos ao Ministerio de Facenda.

Novas relacionadas