40 máis no paro en febreiro no Deza

A maioría dos novos desempregados rexístranse en Lalín, onde hai 31 máis.
César Carracedo
marzo 2, 2022

ℹ️ Febreiro foi un mal mes para o emprego na comarca do Deza.

📍 As cifras do paro computan 40 persoas máis en situación de desmprego con respecto ao mes anterior. En total hai 1.689 parados e paradas no conxunto da comarca.

📌 Lalín lidera a suba, con 31 desempregados e desempregadas máis nas listas do paro. O total volve estar por enriba das mil persoas sen traballo, en concreto 1.010.

📌O ascenso tamén foi notable en Silleda, onde se rexistran 12 desempregados máis ata chegar a un total de 332.

📌Tamén subíu en 1 persoa en Rodeiro, onde agora mesmo hai 58 parados.

✅ Pola contra, o paro baixou en 3 persoas en Vila de Cruces (182) e en 1 persoa en Agolada (86).

➡️ Queda coa mesma cifra de xaneiro Dozón, con 21 persoas en situación de desemprego.

Novas relacionadas